Subir
Recollida de dorsais
SantYago10K - 28 de abril

Procedemento

Podes recollelo o venres 27 de abril de 10:00 a 22:00 na entrada do Carrefour do centro comercial As Cancelas, e o día da proba de 10:00 a 21:00 na Praza do Obradoiro baixo os soportais do Concello.

Normas

  • Corredores individuais
    • Os corredores deberán coñecer o seu número de dorsal no momento da recollida, que se comunicará por correo electrónico antes destas datas. Tamén poderá consultar a LISTA DE INSCRITOS da nosas web ou mirar nos tablóns de anuncios que haberá nas zonas de recollida.
    • Será preciso presentar unha identificación que acredite a inscrición, ben o DNI ou o resgardo da inscrición. Se outro corredor recolle o teu dorsal, anotaremos o seu número de dorsal como responsable da túa recollida.
  • Grupos, clubs, empresas ou organizacións
    • Un representante do grupo deberá poñerse en contacto con nos no correo santyago10k@gmail.com para remitirnos un listado detallando os membros que o compoñedes. Deste xeito poderedes optar ós premios de grupo e ademais poderemos preparar os vosos dorsais previamente para que os poida recoller un único representante do grupo.
  • Corredores hospedados nos aloxamentos patrocinadores da carreira
    • Para a vosa comodidade nestes aloxamentos concertados, poderedes solicitar que o hospedaxe se encargue de xestionar a vosa inscrición (bolsa do corredor, dorsal e chip) antes da carreira, para que cando fagades o check-in xa o teñades dispoñible e non teñades que ir a recollelo. Para disfrutar deste servizo deberedes solicitárnolo previamente por mail a santyago10k@gmail.com para que nos podamos coordinar a entrega.