Subir
Premios
SantYago10K - 28 de abril

Intentamos repartir o máximo

Repartiranse os seguintes premios en metálico:

  • Categoría masculina:
    • 1ª posición absoluta : 500 €
    • 2ª posición absoluta : 300 €
    • 3ª posición absoluta : 200 €
  • Categoría feminina:
    • 1ª posición absoluta : 500 €
    • 2ª posición absoluta : 300 €
    • 3ª posición absoluta : 200 €
  • Premio especial Empadroados en Santiago de Compostela, masculino e feminino:
    • 1º 100€
    • 2º 75€
    • 3º 50€

Tamén obterán trofeo ós tres primeiros clasificados masculino e feminino de cada categoría,

Ó marxe premiaranse as seguintes categorías especiais:

  • Club Federado con máis participantes chegados a meta: 100€.
  • Grupo Non Federado con máis participantes chegados a meta: 100€.
  • Grupo Non Federado con máis participantes femininas chegadas a meta: 100€.
  • Club ou grupo que proceda dende máis lonxe: 100€
  • Premio especial “Cándido Calvo”, para o corredor e corredora de maior idade: 100€.

Para poder optar ós premios é importante coñecer que:

  • Os premios non serán acumulables.
  • Para optar a participación por Club Federado ou Grupo NON Federado, os atletas deberán realizar a súa inscrición individualmente e posteriormente deberán enviar por correo electrónico a dirección santyago10k@gmail.com un listado detallando dos membros computables ó efecto.
  • En caso de empate entre clubs/grupos, premiarase o que menor suma total de tempos empregasen en rematar a proba, igualmente para os corredores de maior idade.
  • Os premiados na categoría de corredores de maior idade deberán acreditar a súa idade cun documento oficial (DNI, Pasaporte ou similar).

A Entrega de premios

No día da carreira, trala publicación de resultados no taboleiro de anuncios, farase a entrega de premios no estrado instalado na Praza do Obradoiro.

Os atletas premiados deberán atoparse na zona do pódium e estar atentos á súa chamada no momento que se faga o anuncio polos altofalantes. Será necesario presentar o DNI ou pasaporte a efectos de identificación.